Novas actividades do CIM Pontevedra para o primeiro semestre do ano
A Concellaría de Muller volve a organizar cursos do Centro de Información á Muller (CIM) para o próximo semestre. As persoas interesadas poderán facer as súas inscricións a partir do luns días 10 até o 14 de febreiro (ambos incluídos) no Chalé Fontoria de 09.00 a 13.00 horas. Todos os cursos impartiranse na Casazul. Os cursos que se ofertan nesta ocasión son:
• Ioga iniciación. 20 prazas para mulleres. Impartirase do 20/2 ao 15/5
• Ioga perfeccionamento. 20 prazas para mulleres do 20/2 ao 15/5
• Encadernación clásica. 15 prazas para mulleres. Do 19/2 ao 12/5.
• Arreglos de costura e reciclaxe (hai que levar máquina de coser). 15 prazas. Curso mixto. Do 18/2 ao 6/5.
• Balcóns de natureza. 20 prazas para mulleres. Do 20/2 ao 15/5.
• Aula de teatro. 20 prazas. Curso mixto. 24/2 ao 17/12.
• Arteterapia. 20 prazas para mulleres. Do 25/2 ao 6/5.
• Iniciación informática. 18 prazas para mulleres. Do 25/2 ao 23/4.
• Perfeccionamento informática. 18 prazas para mulleres. Do 11/3 ao 11/4.











