Nova convocatoria dos cursos do Celga de lingua galega en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol informa da apertura do período de matrícula para os cursos preparatorios para a obtención do Celga 2, Celga 3 e Celga 4 de lingua galega. Estas accións de formación, cunha duración de 75 horas, están organizadas pola Xunta de Galicia e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As instancias deberán presentarse na secretaría da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ferrol ata o vindeiro venres, día 7 de marzo. Os cursos darán comezo no mes de marzo, agás un dos Celga de nivel 4, e se desenvolverán nas instalacións da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol. Segundo os días e horarios, a oferta formativa é a seguinte:

-Celga 2: luns, xoves e venres (09:30 – 11:30 horas).

-Celga 3: martes e mércores (16:00 – 19:00 horas).

-Celga 4: luns, xoves e venres (11:30 – 13:30 horas).

-Celga 4: martes (18:00 – 20:00 horas), e venres (16:00 – 18:30 horas).

27 de febreiro de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.