Nova acción formativa para emprendedores de Cangas en colaboración con Incyde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O vindeiro luns 10 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa de Oficios Lorenzo Corbacho, dará comezo a actividade formativa “EMPRENDE EN POSITIVO”, de 8 semanas de duración, grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra e a Fundación Incyde co Concello de Cangas.

Este programa está  dirixido a emprendedores/as ou empresarios/as da zona que pretendan mellorar áreas do seu negocio , proporcionándolles  unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa, para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a sua posta en marcha.

O obradoiro conta con 25 participantes da zona, representando 22 proxectos empresariais, dos cales un xa está en funcionamento, e tres a piques de inicio, existindo unha lista de agarda para cubrir posibles vacantes no curso.

A metodoloxía empregada será:

a)Sesións de formación conxunta; 32 horas.

b)Accións de acompañamento e seguimiento individualizado, coa consigna da maior flexibilidade e adaptación a cada un dos alumnos participantes, 288 horas.

Os alumnos recibirán formación xenérica e personalizada nas seguintes áreas:

1)Consultoría inicial.

2)Dirección de Proxectos.

3)Marketing, promoción e comercialización.

4)Creatividade , innovación e transferencia de tecnoloxía.

5)Aplicacións informáticas, xestión da información, Internet  e redes sociais.

6)Xurídico Fiscal.

7)Finanzas.

8)Igualdade de oportunidades.

9)Calidade, prevención de riscos laborais e medio ambiente.

Esta acción esta encadrada dentro do programa “CANGAS PROXECTO EMPREGO”, que pretende promover o emprego no municipio mediante o deseño e execución de ferramentas prácticas que axuden ás persoas en busca activa de emprego e ós/ás emprendedores/as a acadar os seus obxectivos profesionais.

8 de febreiro de 2014 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.