Nigrán e Prado Surf ofertan viaxes á neve para xóvens de menos de 35 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigránXuventude
A-
A+

O Concello de Nigrán e Prado Surf Escola ofertan viaxes á neve para mozos menores de 35 ano empadroados en Nigrán. As excursións serán a Leitariegos e San Isidro, os fins de semana do 21 ao 23 de febreiro e marzo respectivamente.

As tarifas para os empadroados en Nigrán serán de 129 euros, con desprazamento, aloxamento, forfait e pensión completa incluída, no caso da excursión a Leitariegos, e sen pensión completa no caso de San Isidro, que terá un suplemento adicional de 30 euros.

Ademais, a organización coordinou prezos especiais para o aluguer de material de esquí ou snowboard e para tomar clases. Os menores de 18 anos que non vaian acompañados por un adulto responsable deberán abonar un suplemento adicional de 30 euros.

As persoas interesadas en anotarse a calquera destas dúas excursións, subvencionadas polo Concello de Nigrán, deberán cumprimentar un formulario de inscrición que poden descargarse na Web municipal, onde ademais atoparán toda a información detallada das viaxes. Para máis información ou consultas chamar ao 653 929 347 ou ao 636 024 702.

7 de febreiro de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.