Nigrán aproba o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 116.640 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+

Nigrán aprobou na sesión plenaria extraordinaria celebrada hoxe o recoñecemento extraxudicial de crédito para abonar facturas pendentes de 2013 a provedores, a pesar das abstencións do concelleiro non adscrito, Ignacio Vilas, e do portavoz do BNG, Xavier Rodríguez, e co voto en contra do portavoz de UCN, Antonio Fernández Comesaña.

O goberno municipal levou o recoñecemento extraxudicial tras a comisión especial de contas celebrada a pasada semana, “e con todas e cada unha das facturas contidas no recoñecemento ratificadas pola firma dun técnico, un responsable político e o alcalde”, puntualizou en rexedor municipal.

Na súa intervención, Valverde agradeceu a postura adoptada no día de hoxe polo PSOE de Nigrán, aínda que lamenta que teñan que pasar unhas semanas desde o pleno ordinario, no que as facturas do recoñecemento extraxudicial xa foran explicadas, e o expediente completo atopábase en condicións de ser aprobado. “A única vontade da oposición de Nigrán no pasado pleno era a de contradicir ao goberno, e como consecuencia vimos incrementados os prazos medios de pago do concello sen necesidade”, apuntou Valverde.

Así mesmo, lembrou ao portavoz de UCN que o “xogo político” é aceptable, dentro duns límites e con decoro. No transcurso da sesión, o rexedor municipal ensinou dúas facturas de 2005 pendentes de pago a unha empresa por valor superior aos 16.000 euros, ambas as asinadas única e exclusivamente por Comesaña.

Estas facturas, avaladas unicamente por Comesaña, carecen de expediente de contratación, selo de rexistro de entrada e tampouco están autenticadas polo alcalde de quenda nin por un técnico, e polas que este concello está inmerso nun proceso xudicial iniciado pola empresa para tentar cobralas. “Atendendo a estes antecedentes, é o último que pode e debe dar leccións de moralidade a ninguén”, puntualizou.

13 de febreiro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.