Neda convertirase na capital do encaixe co X Encontro de Palilleiras
Neda convertiráse este sábado, 1 de marzo, na ca-pital galega do encaixe co seu X Encontro de Palilleiras. Centos de artesanas –na súa inmensa maioría mulleres– amosarán ao público asistente as súas técnicas e arte durante toda a xornada. Organizada pola asociación Filigrana en colabora-ción co Concello de Neda, a Deputación e a Xunta, a cita celebraráse no pavillón polideportivo da vila, en horario de mañá (de 11 a 13,30 e de 16 a 18 horas). A entrada é libre e gratuíta e, amáis de seguir en directo o traballo das palilleiras, o público poderá mercar diverso material confeccionado con esta técnica.
O encontro congregará a palilleiras de todas as idades e procedencias. E é que esta cita está xa consolidada no calendario da Comunidade. Tradición e innova-ción se darán a man, xa que as palilleiras foron incorporando nos últimos tempos novas técnicas e materiais.
Unha cita que o Concello de Neda apoia cedendo as instalacións municipais e sufragando a instalación dunha superficie especial que evite desperfectos na ta-rima. Así mesmo, efectivos de Policía Local e Protección Civil garantizarán o co-rrecto desenvolvemento do evento.
Retómase así unha cita que o ano pasado non se celebrou precisamente polas obras de mellora que se executaron no pro-pio escenario da cita, o pavillón polideportivo.
Por último, Concello e asociación Filigrana invitan a toda a cidadanía a achegarse este sábado ata o pavillón polideportivo de Neda e seguir de preto o traballo das palilleiras.











