“Nada e corre” chega esta fin de semana a Narón e Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesNarónVigo
A-
A+

Esta fin de semana finalizará a fase clasificatoria do programa “Nada e Corre” 2014, coa celebración das probas de Narón (o sábado) e Vigo (domingo). Esta iniciativa da Federación Galega de Tríatlon comezou xa hai tres anos e está dedicada aos máis cativos.

A proba de Narón celebrarase no Complexo Polideportivo da Gándara. Na mesma, que se celebrará o sábado 22 de febreiro (a partir das 16:30 horas), contará coa participación de 133 nenas e nenos. En Vigo (Complexo Municipal das Travesas) están inscritos 102 rapaces e a proba comezará o domingo 23 ás 10:30 horas.

Hai que recordar que as distancias dependerán das categorías:
– Benxamín: 50 metros de natación e 500 de carreira a pe.
– Alevín: 100 metros natación e 500 carreira a pe.
– Infantil: 200 metros natación e 1.000 carreira a pe.
– Cadete: 400 metros natación e 2.000 carreira a pe.

Este programa, que comezou no 2012, está dedicado ás categorías benxamín, alevín, infantil e cadete e ten como obxecto traballar en inverno a natación e a carreira, xa que os técnicos consideran importante traballar estes aspectos.

Así o programa “Nada e Corre”, que se desenvolve nos meses de febreiro e marzo, está formado por catro probas clasificatorias zonais (Vilalba, Pontevedra, Narón e Vigo) e unha final. A final terá lugar o día 9 de marzo en Riveira e para a mesma clasificaranse de cada proba zonal os catro mellores por categoría e sexo.

20 de febreiro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.