Música, comparsas e concursos encherán de ambiente o Entroido de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Cada vez resta menos para que de comezo o Entroido e a cidade prepárase para festexalo por todo o alto. Son moitas as actividades que organiza o Concello de Ourense, ás que se sumarán outras a iniciativa dos Entroidos dos barrios da cidade.

O primeiro punto álxido terá lugar o venres a partir das 20 h na Praza Maior, onde o grupo The Covers Band ofrecerá temas para quecer o ambiente previo ao pregón oficial, que será ás 21 h. A partir desta data concertos, charangas, orquestras, sesións Dj´s crearán ambiente para diversión de públicos de todas as idades.

Outra das citas salientables será o domingo, co desfile de comparsas e posterior concurso de rei e raíña do Entroido. Nestes momentos xa son máis de 60 as comparsas anotadas para o desfile que partirá desde o lugar habitual na zona das Lagoas a partir das 18 h da tarde.

Programación do Auditorio

A maiores o Auditorio Municipal albergará actividades dirixidas para o público infantil e familiar. O sábado a partir das 18 h terá lugar o concerto de Toc – Toc, segundo traballo músico – literario de Pablo Díaz. Viu a luz a través da editorial Galaxia en novembro de 2013, e ilústrao Nuria Díaz. Esta actividade conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O domingo ás 12 h volve a cita coa programación infantil coa obra O Refugallo, para rapaces e rapazas a partir de seis anos.

Exposicións

Ata o 6 de marzo permanecerá na Alameda do Concello a exposición sobre o Neolítico. De nómades a sedentariosbusca achegarnos a formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abarca un período de entre 13.000 e 5.000 anos, desde os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas. Está promovida pola Obra Social La Caixa.

O Museo Municipal acolle a exposición Natural do artista Jorge Adrados.

26 de febreiro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.