Mos rexistrou unhas 30 intervencións nos últimos tres días por mor do temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Unha das incidencias rexistradas en Mos

Unha das incidencias rexistradas en Mos

A concelleira responsable do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Julia Loureiro, fixo hoxe balance do gran traballo realizado por este Concello, e dentro das fronteiras do propio termo municipal, durante estes tres últimos días nos que a localidade mosense ven sufrindo as inclemencias meteorolóxicas que a afectaron causando máis de 30 incidencias.

Loureiro explicaba esta mañá que a caída de árbores foi un dos problemas máis acuciantes, producindo como consecuencia cortes do tránsito rodado en estradas e outros viais, rotura de liñas eléctricas, telefónicas e de alumeado público.

As inclemencias do tempo tamén produciron derrubamentos de terras e o afundimento dunha estrada en Cela, que aínda permanece cortada. Tamén se produciron desbordamentos de arroios e cunetas debido ás altas cantidades de augas pluviais caídas.

Na parroquia de Tameiga unha edificación sufriu danos na fachada coa rotura dunha galería con risco de desplome e noutros lugares víronse afectadas algunhas cubertas de construccións, entre outras na zona de Puxeiros, ás que lles voaron as tellas e planchas metálicas.

Os sucesivos temporais tamén motivaron algúns accidentes de tráfico na autovía A-55 e en vías do interior do Concello de Mos. Sen embargo, afortunadamente e gracias a rápida intervención do equipo humán mosense, só houbo que lamentar algún ferido leve, sempre nos sinistros de tráfico, nunca nas demais incidencias.

Nestas máis de 30 intervencións en tres días, participaron un total de sobre 15 persoas pertencentes ó Servizo Municipal de Emerxencias, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que ademais contaron co apoio e axuda de varios operarios municipais.

Precisamente fai tres días, a propia Protección Civil de Mos emprendeu un operativo especial de servizo 24 horas con motivo do temporal. Este operativo tocará ó seu fin mañá ó mediodía, sempre e cando non persista o temporal, por suposto.

Neste sentido a edil Julia Loureiro declaraba hoxe sentirse “moi orgullosa de tódolos departamentos implicados nas máis de 30 intervencións destes últimos días, xa que gracias a eles puidéronse evitar males maiores”.

7 de febreiro de 2014 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.