Mos reforza con contenedores de roupa usada o seu plan medioambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informou esta mañá de que, seguindo co seu plan integral de recuperación e mellora de puntos de recollida de lixo, farase un reforzo de contenedores coa instalación de novos elementos para a recollida de roupa, téxtil do fogar e calzado usados, -ata o de agora inexistentes en Mos-, e de recollida de aceites.

No caso dos contenedores de roupa serán un total de 8 os que se instalen, e serán situados nas mesmas zonas urbanas nas que recentemente se acometeron as isletas de ordenación e embelecemento dos grupos de contenedores de reciclaxe e residuos ordinarios, tales coma Puxeiros, Peinador, San Eleuterio, Sanguiñeda, San Antoíño e San Rafael. O número de contenedores a instalar é proporcional á poboación da localidade, sendo a dotación media aproximada dun contenedor por cada 2.000 habitantes.

Este novo material a instalar no Concello de Mos beneficiará ós veciños e veciñas do municipio gracias a un convenio de colaboración entre a administración local e a empresa Recuperalia, de servizos de reciclaxe ecolóxicos; que, segundo anunciaba Loureiro esta mañá, será asinado durante os vindeiros días. A propia empresa será a que se encargue da instalación dos contenedores, do seu mantemento e retirada, sen que elo supoña ningún custe para o Concello, senón todo o contrario, xa que Recuperalia comprométese mediante a sinatura do convenio ó pago dun canon anual base de 200 euros por contenedor e ano, o que suporía un total de 1.600 euros anuais.

Os preto de 2.000 euros anuais recaudados gracias a estes contenedores revertirán no servizo de recollida de lixo, xa que serán reinvertidos, tal e colo asegurou Loureiro, na reposición de todo tipo de contenedores así coma na reparación de anclaxes e rodas nos preexistentes, que son as pezas que máis se deterioran neste tipo de elementos.

A duración de dito convenio será por un período de catro anos prorrogables a outros catro máis. Outro dos beneficios deste novo equipamento de mobiliario urbán para o Concello de Mos é que a empresa instaladora comprométese a retiralos da vía pública na que se atopen instalados nun prazo máximo de 48 horas, e sen custe tampouco para a administración local, no caso de que algún dos contenedores fose obxecto de actos vandálicos que o degradasen. Ademais, Servicios Ecológicos Recuperalia S.L. adquire o compromiso de vaciar e manter en perfecto estado de conservación os recipientes instalados e, mediante un seguro propio, responsabilízase totalmente dos danos que os contenedores puidesen ocasionar garantindo ó Concello de todo tipo de denuncias por desperfectos referentes ós mesmos.

Recuperalia estará tamén obrigada á recollida dos residuos que se acumulen xunto ós referidos contenedores e á limpeza da suxedade que se poida ocasionar no seu contorno. Ademais a empresa realizará unha campaña informativa entre a poboación mosense concienciando a esta dos beneficios que aporta a reciclaxe de roupa e calzado usados.

Os contenedores a instalar terán unha capacidade de tres metros cúbicos e serán valeirados ás 05.30 horas da madrugada cunha frecuencia diaria, se fose necesario, ou senón todos os martes, xoves e sábados. A empresa revisará os contenedores unha vez ó mes para testar o seu óptimo estado de conservación e realizará, periódicamente e segundo as necesidades percibidas, un mantemento gradual de reparación, lavado e reposición dos elementos.

Ademais dos novos contenedores de roupa, Julia Loureiro explicaba hoxe que dentro do plan municipal integral de optimización medioambiental contemplarase tamén a reubicación de contenedores de aceite e o reforzo mediante a instalación de novos contenedores tamén de aceite usado, pero cun sistema innovador que permite desfeitar o aceite dentro do propio recipiente ou botella, sen ter que valeiralo. Estes novos elementos, que sustitúen o sistema do bidón por outro máis sofisticado, serán instalados pola empresa PMA, coa que dende a concellería de Medio Ambiente mosense xa se está a traballar ó respecto.

Punto Limpo

A concelleira de Medio Ambiente aproveitou tamén para concienciar da importancia do uso do Punto Limpo do Concello de Mos, situado no Polígono Empresarial da Veigadaña. Este Punto Limpo conta cun horario de apertura ó público de 10.00 horas a 14.00 horas e de 16.30 horas a 20.30 horas todos os martes e xoves, e os sábados de 10.00 horas a 14.00 horas.

Os usuarios deste punto limpo poden depositar nel residuos non perigosos que van dende o papel e cartón ata metais, mobiliario, escombro e restos de podas; e residuos especiais como aceites, filtros, baterías, equipos eléctricos e electrónicos, electrodomésticos, pinturas, vernices, etc.

17 de febreiro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.