Mos presenta a programación de Entroido
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras de Cultura e Participación Cidadá, Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, presentaron hoxe o cartel coa programación para o vindeiro Entroido 2014; que estas últimas se encargaron de organizar dende os departamentos municipais que ambas dirixen.
As representantes municipais aproveitaron tamén a presentación do cartel para facer público o contido do mismo, no que se inclúen actividades tales coma unha festa infantil de disfraces, o tradicional desfile de comparsas, os obradoiros infantís de Entroido e unha festa de disfraces para os discapacitados de Mos.
A festa infantil de disfraces celebrarase no Multiusos o vindeiro domingo, día 23 de febreiro, ás 18.00 horas; e estará amenizada polo grupo ‘Las Pamisuki’. Por outra banda o desfile de comparsas terá lugar, como cada ano, na Avenida de Sanguiñeda, e nesta ocasión celebrarase o domingo 2 de marzo ás 17.30 horas e estará amenizado polo grupo ‘M3’, ademais de contar coa participación de 13 comparsas de adultos e 4 comparsas infantís. As 10 comparsas de adultos serán as seguintes: Asociación A Cividade de Louredo, Asociación Veciñal Nosa Terra de Pereiras, Asociación Veciñal Chan do Bosque de Sanguiñeda, Asociación Celado de Cela, Santa Ana de Veigadaña, Asociación de Guizán, a comparsa Mos – Wana Trompazo Real, ASODIFISI (Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos), Colexio das Escravas da Virxe Dolorosa, comparsa Vaqueiros Parrandeiros de Gondomar, C.C. Alba de Torneiros-Porriño, comparsa Luces de Tomiño, e Sevillanas sen Sentidiño de Porriño. As 4 comparsas infantís participantes serán a do colexio mosense de Atín, a da Asociación Cousas do Porriño, a comparsa porriñesa Gris Bastón e a comparsa Venecia de Porriño.
Os obradoiros infantís de Entroido terán lugar tamén no Multiusos das Pozas durante os días 3, 4 e 5 de marzo en horario de 10.00 a 12.00 horas. Poderán participar nestes obradoiros tódolos nenos/as empadroados/as ou escolarizados en Mos de 3 a 12 anos de idade. Os obxectivos desta iniciativa son facilitar a conciliación da vida laboral coa vida familiar ao mesmo tempo que se ofrece unha alternativa de ocio e tempo libre para os/as nenos/as celebrando o Entroido.
O prazo de inscrición nestes obradoiros infantís estará aberto ata o 27 de febreiro e para participar neles será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello. O día luns 28 de febreiro farase pública a lista de admitidos.
Por último, a festa de disfraces para os usuarios dos centros de discapacitados de Mos celebraras o luns 3 de marzo ás 17.00 horas no Multiusos das Pozas contando coa animación do grupo ‘Carcajadas’.











