Mos inaugura un novo grupo preparatorio das probas de graduado en ESO
A concellería de Formación e Emprego mosense que dirixe o edil Óscar Soto organiza un curso para adultos de preparación das probas de acceso para a obtención do título de graduado en ESO.
O Concello de Mos a través dun convenio con Radio ECCA está impartindo esta formación preparatoria dende o mes de outubro nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local, cun total de participación de 30 persoas
A metodoloxía empregada consiste nunha titoría grupal e individual o día de asistencia á clase e de preparación por cada alumno durante toda a semana da materia que o docente estableza dacordo á programación inicial e que ten como obxectivo cubrir as materias necesarias para a obtención con éxito do título de graduado en ESO. O desenvolvemento das clases e titorías levaráse pola Fundación ECCA, que destina a Mos unha aula en caso de formarse o grupo necesario.
Dende a concellería de Emprego e Formación do Concello quérese brindar unha oportunidade a todas aquelas persoas que non tiñan coñecemento desta actividades de formación ou que aínda non formalizaran a súa matrícula e que estean interesados en presentarse ás probas para a obtención do graduado en ESO, a que poidan participar na creación dun novo grupo preparatorio. Este novo prazo estará aberto ata o 14 de febreiro de 2014.
Tódolos interesados deben formalizar a súa matrícula no Centro de Desenvolvemento Local, Avda. de Peinador, 39, Tameiga, Mos (Pontevedra), ou solicitar máis información no telefono 986 48 77 86 .











