Mos homenaxea ás vítimas das Forzas Armadas, Corpos de Seguridade do Estado e Seguridade Privada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+
Descubrimento da placa conmemorativa

Descubrimento da placa conmemorativa

Esta mañá, promovidos e organizados pola Asociación Nacional de Gardas Civís Marqués de las Amarillas, celebráronse no Concello de Mos actos de homenaxe ás vítimas das Forzas Armadas, Corpos de Seguridade do Estado e Seguridade privada, que deron comezo ás 11.00 horas cunha Misa cantada pola coral mosense Ventos do Val (da parroquia de Petelos) para continuar, a partir das 12.15 horas no Multiusos das Pozas, coa imposición de distincións honoríficas e posterior ofrenda floral e inauguración e descubrimento do monolito (construído polos alumnos e alumnas da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra) e da placa adicados “ás vítimas que deron a súa vida pola sociedade á que serviron con honra”; momento solemne que estivo acompañado musicalmente por unha marcha procesional e o ineludible Himno Galego, pezas interpretadas polo gaiteiro mosense, de Louredo concretamente, Xulio Lorenzo (coñecido por ser o autor/compositor da Muiñeira de Mos). O conxunto dos actos deuse por finalizado ó redor das 14.00 horas do mediodía.

Este evento contou coa asistencia de autoridades tales coma:

-A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada dos concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local

-Samuel Jesús Juárez Casado, delegado do Goberno en Galicia

-Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra

-Juan Carlos Gabriel, presidente da Asociación Nacional de Gardas Civís Marqués de las Amarillas

-Blanca Echazarreta Luna, vicepresidenta primeira da Asociación Nacional de Gardas Civís Marqués de las Amarillas

-Telmo Martín, deputado e concelleiro do Concello de Pontevedra

-Serafín Castro, presidente A.V.V. de Herville

-Marta Iglesias, deputada provincial Pontevedra

-María Carrera, presidenta de Asodifisi (Asociación de Disminuídos Físicos y Psíquicos de Mos)

-Miguel Estévez Lara, Teniente Coronel 2º Jefe Comandancia Guardia Civil Pontevedra

-Fernando Guitián, alcalde de Gondomar

-Juan Carlos González, concelleiro de Seguridade de Gondomar

-Paula Bouzós, concelleira Educación Gondomar

-Nelson Santos, alcalde O Porriño

-Iria Lorenzo, concelleira de Economía, Facenda e Xuventude do Porriño

-Ana Mª Martínez, concelleira de Educación, Consumo e Turismo do Porriño

-Manuel Alejandro Lorenzo, concelleiro de Emprego e Formación, Festas, Novas Tecnoloxías e Deportes do Porriño

-Manuel Carrera, concelleiro de Vías e Obras do Porriño

-José Antonio, Cura Párroco de Petelos (Mos)

-Membros Escravas da Virxe Dolorosa

-Francisco Javier Martín Márquez, tenente da Garda Civil, comandante de posto do posto principal do Porriño

-Daniel Rodríguez González, xefe da unidade policial da Policía Local do Porriño

-Irene Garrido, deputada Congreso

-Elvira Larriba, senadora

-Paz Lago, deputada Congreso

-Miguel Giráldez Leirós, presidente de ASOMAMOS (Asociación de Maiores e Pensionistas de Mos)

-Álvaro Nuevo García, director do centro penitenciario de A Lama

Ademais, entre os galardonados durante o acto con distincións honoríficas tales coma ‘Socios de honra’, ‘Gran Cruz de Cabaleiro de Santiago’, ‘Encomenda de Cabaleiro de Santiago’, ‘Cruz de Cabaleiro de Santiago’ e ‘Dama do Pilar’, atopábanse:

-Antonio Manuel Carilho dos Prazeres, tenente coronel GNR portuguesa

-Policía Judiciaria Portuguesa

-PSP portuguesa

-SEF portuguesa

-Antonio Iglesias Salas, Capitán Xefe da segunda Compañía da Comandancia da Garda Civil de Vigo

-Alberto Romero, policía nacional

-Jorge Araújo del Campo, gardia civil Mos

-Roberto Pintor Otero, gardia civil Mos

-Carlos Alberto Álvarez Villar, gardia civil Mos

-Juan Antonio Seoane Diéguez, gardia civil Mos

-Lucía González Colino, gardia civil Cambados

-José Manuel Gutiérrez Santiago, gardia civil Vilagarcía

-Emilio Diz Meixus, gardia civil Vilagarcía

-José Ignacio Pérez Burrull, gardia civil destacamento Tráfico Pontevedra

-Manuel Montoto Varela, gardia civil Tui

-Aitor Muñoz Rodeiro, Sarxento Guardia Civil Tui

-José Luis Cuerdo Gómez

-Sonia Ferreiro Carballo, muller guardia civil Mos

-Minia Jovita Rodríguez Fernández, muller guardia civil Mos

-Mónica Pérez Comesaña, muller guardia civil Mos

-Luis Cebrián Carbonel Xeneral Brilat Pontevedra

-José Antonio Alonso Miranda, Xeneral na Reserva Brilat Pontevedra

-Gustavo Doncel Paredes, Coronel Brilat Pontevedra

-José Antonio Bueno Hernández, Comandante Brilat Pontevedra

-Juan Luis Sobrino Pérez-Crespo, Capitán de Navío da Escola Naval de Marín

-Samuel Jesús Juárez Casado, delegado do Goberno en Galicia

-Nidia Mª Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos

-Concello de Mos (como socio de honra)

-Rodrigo Iglesias Fernández, coordinador Servicio Municipal de Emerxencias do Concello de Mos

-Santiago Iglesias Fernández, presidente Protección Civil de Mos

No seu discurso a anfitriona e rexedora local mosense, Nidia Arévalo, destacou que “o acto que hoxe temos o orgullo de celebrar e acoller significa un gran compromiso ético. Con el manifestamos o noso recoñecemento e solidariedade para co sufrimento das vítimas e o rechazo á violencia e ó odio en calquera das súas manifestacións, -posto que nada lexitima ningún acto violento-, así coma a importancia do respecto mutuo na sociedade actual e a defensa da sociedad democrática, o Estado de Dereito, e a protección dos dereitos humanos. A este respecto concédome a licencia de asegurar que nesto os meus compañeiros de Corporación Municipal son todo un exemplo a seguir pois, pese ó debate político e ás discrepancias propias de enfoques diferentes entre equipo de goberno e oposición –que por outra banda contribúen á crítica construtiva e a unha vida política local saudable-, a harmónica convivencia entre concelleiros dos tres grupos políticos, PP, PSOE e BNG, demostra que os mosenses basamos o noso día a día político no respecto, a tolerancia, o pacifismo e a negación absoluta da violencia”.

E a alcaldesa adicou tamén unha mención especial a varias persoas presentes no acto: “moi especialmente gracias á Policía Local mosense e ó seu xefe Gerardo Álvarez, ó Servicio Municipal de Emerxencias do Concello de Mos e ó seu coordinador Rodrigo Iglesias, e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos e ó seu presidente Santiago Iglesias. A tódolos seus membros en xeral e ós tres nomeados, en particular, gracias por velar pola seguridade, o benestar e o mantemento dunha óptima calidade de vida dos 15.000 mosenses que vivimos neste municipio”, dixo Arévalo, quen se referiu tamén ó traballo incansable as 24 horas do día, os 365 días do año dos membros do cuartel da Garda Civil de Mos; e á Comandancia da Garda Civil de Vigo, “moi especialmente ó Capitán Xefe da segunda Compañía, Antonio Iglesias Salas, por tantas colaboracións co Concello de Mos, ó que sempre atende coas maiores celeridade e entrega”.

15 de febreiro de 2014 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.