Monforte rexistra catorce participantes no concurso do Xoves de Compadres
O concurso convocado pola delegación de Cultura do concello de Monforte con motivo da celebración do Xoves de Compadres contará con catorce participantes, igual que no 2013, entre as diferentes categorías.
A categoría de barrios colectivo (máis de 2 compadres) será a categoría con maior participación, rexistrando sete concursantes:
Asociación Cultural e Deportiva Rioseco, Asociación Veciños Ribasaltas, Bar A Palloza, Panadería La Luna, Asociación Agora, Prodeme e Primeiro Ciclo do Colexio A Gándara.
Na categoría de barrios individual presentáronse tres compadres:
IES A Pinguela, Residencia do Malecón e Perruquería Princes’s
En canto ós centros de ensino, na modalidade colectiva (máis de 2 compadres), tamén haberá un só participante, o Colexio Ferroviario.
Na categoría individual para centros de ensino concursarán tres colexios:
PP.Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos e CEIP A Gándara
A celebración do Xoves de Compadres rematará, como ven sendo habitual, cunha concentración na Praza de España ás 17:30 horas. A esta concentración acudirán os participantes na categoría de centros de ensino e na mesma procederase á queima dos compadres feitos polos colexios da cidade.
No caso de que as inclemencias climáticas impidan realizar esta concentración, desde a delegación de Cultura avisarase ós colexios participantes e o xurado visitará os compadres nos propios centros de ensino.
Dende a concellería de Educación e Cultura agradécese a participación da veciñanza e dos escolares así como o esforzo realizado para manter viva esta importante tradición.











