Monforte recoñecerá ao golfista Manuel Hernández
O concello de Monforte recoñecerá os méritos deportivos do golfista Manuel Hernández González, integrante da selección nacional sub 18 de golf.
O acto desenvolverase na Casa do Concello, mañá martes día 17 ás 16:45 horas, e no mesmo o alcalde entregará un agasallo ó deportista monfortino recentemente seleccionado para formar parte do equipo español.











