Monforte acolle un obradoiro para identificación de indicadores e reforzo contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Para traballar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade, desenvolverase un obradoiro que incide directamente sobre a educación da sociedade adolescente.

Este obradoiro ten como finalidade fortalecer actitudes das persoas adolescentes ante posibles situacións de violencia de xénero, identificando sinais e indicadores presentes na nosa sociedade e procurando que non sexan tan vulnerables ante esta problemática.

O obradoiro vai dirixido a adolescentes entre 12 e 18 anos e terá lugar os xoves días 6 e 13 de febreiro no Salón de Actos da Casa da Cultura, entre as 17:00 e as 19:00 horas.

Este obradoiro lévase a cabo no marco do Acordo de Colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para conformar dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero. O concello de Monforte forma parte da Rede e foi seleccionado para acoller este obradoiro, xestionado a través da concellería de Igualdade e do CIM.

Esta actividade está patrocinada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social  Europeo.

4 de febreiro de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.