Moncho Fernández: “Si houbese que porlle a alguén o cualificativo de equipo revelación, poríallo ao FIATC Joventut sen dúbida”
O técnico do Rio Natura Monbus, Moncho Fernández, tivo un momento especial esta mañá durante a rolda de prensa previa ao partido que o seu equipo disputará este sábado a partir das 20.00 horas fronte ao FIATC Joventut. Polo momento, o adestrador cumpriu en Manresa o seu partido número 100 na máxima categoría do baloncesto español, e hoxe o consello de administración obradoirista, por medio de Alberto Torreiro, quixo felicitar ao técnico facéndolle entrega dunha camiseta co número centenario nas súas costas.
Unha vez concluído esta pequena homenaxe e xa centrado no próximo rival, o preparador compostelán xa prepara a cita deste fin de semana. “Chega un equipo moi perigoso pola forma que ten de xogar e que está a xogar francamente ben. Gana con moitísima autoridade a Manresa e perde no último minuto contra o Barcelona e coa Valencia. Si houbese que porlle a alguén o cualificativo de equipo revelación, poríallo a eles, sen dúbida”, indicou.
Fernández analizou os puntos máis fortes do equipo catalán, que pensa que non se limitan a uns poucos puntuais pois “domina mucos aspectos do xogo que requiren concentración, o que o converte nun conxunto moi esixente”.
En canto a pregúntaa si o FIATC Joventut é un equipo que vive do tiro de tres, o técnico aclarou que “é o conxunto que tira máis veces de tres puntos de toda a liga. Ten moitísimos xogadores que son capaces de tirar desde aí. Pero entre as vitorias e as derrotas o factor determinante non son os triplos, gañen ou perdan tiran e meten os mesmos”, subliñou. “Non hai que esquecer o rebote ofensivo. É o segundo mellor equipo da liga neste sentido. Reducir o xogo do Joventut de Badalona só ao tiro de tres é un erro”, engadiu.
Os obradoiristas chegan ben. “Penso que estamos nun punto de madurez de saber cal é o camiño e non abandonalo. O peor inimigo cando salguen as cousas é o relax e eu non o vexo. Vexo traballo e ganas de facer as cousas ben”, continuou.
En canto á nova incorporación, Kaspars Berzins, o adestrador do Rio Natura Monbus, aínda non sabe si o interior letón estará dispoñible no partido ante o Joventut, aínda que si está “a súa participación será pequena”. “Para min é coma se fose un xogador lesionado ou que está en recuperación. Está a traballar connosco con normalidade, incorporándose, entendendo e coñecéndose. Temos que ter moita paciencia para que alcance o estado de forma que necesita e para que consiga algo que só dá o tempo, que é coñecer aos compañeiros”, concluíu.











