Moncho Fernández e Jorge San Martín convidan a anotarse á “Laconada de Entroido” no Hotel Monumento San Francisco
O director do Hotel Monumento San Francisco, Jorge San Martín, aproveitou a rolda de prensa previa ao partido deste fin de semana contra o Herbalife Gran Canaria para lembrar que, hoxe venres, péchase o prazo de anotación á laconada que celebrarán xuntos os xogadores e corpo técnico do Rio Natura Monbus e a súa afección, baixo o escenario das instalacións do antigo convento. “Queremos lembrarllo aos máis atrasados para que contacten co hotel e consigan o seu ticket, e pasar así unha noite moi divertida gozando ao máximo de cada un dos seus xogadores”, declarou.
O técnico Moncho Fernández tamén quixo animar aos afeccionados que aínda non se inscribisen a facelo nestas últimas horas. O adestrador destacou que aquí sentimos como en casa. Ademais, estas iniciativas abren o equipo á cidade. Oxalá o martes sexamos moitos, como sempre. Que mellor que unir este tipo de actos cunha tradición tan especial como é o Entroido en Galicia e cunha laconada espectacular?”.
Ademais, lembramos que quen acuda disfrazado recibirá unha invitación para o partido do Rio Natura Monbus -Fuenlabrada do día 22 de marzo. O prezo é de 19 euros para abonados, 24 euros os demais afeccionados e 16 euros para os nenos menores de 12 anos, e inclúe a cea e o posterior baile a cargo da discoteca móbil “A Gramola”. Os interesados deberán contactar hoxe mesmo co número 981 581 634 ou mediante o correo electrónico hotel@sanfranciscohm.com para reservar a súa praza na velada.











