publicidade hoxe

Miño saca a poxa pública os chiringuitos das praias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O Concello de Miño acolleuse ao seu dereito preferente de xestionar os servizos de tempada nas praias, polo que convocou unha licitación pública co fin de adxudicar mediante poxa os postos sinalados para a instalación de quioscos para venda de aperitivos, refrescos e xeados, así como dos postos de aluguer de hidropedais.

Será o venres 28 de febreiro ás 13,00 horas, na Casa Consistorial, cando se realizará a poxa dos chiringuitos da praia para esta tempada de verán. As autorizacións a condeder son as seguintes:

Praia Grande de Miño: 8 postos de quioscos e 1 posto de hidropelales
Praia de Perbes: 3 postos de quioscos e 1 posto de hidropedales
Praia da Ribeira: 1 quiosco

O límite máximo de superficie que se poderá ocupar cos postos é de 20 metros cadrados e a fixación dos mesmos será de acordo co plano das praias elaborado polos servizos técnicos municipais. O prezo de saída, tanto dos quioscos como dos hidropedales, será de 900,00 euros, que poderá ser mellorado á alza. O prazo da autorización durante a tempada de verán será desde o 1 de xuño ao 30 de setembro de 2014.

26 de febreiro de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.