Mil padexeiros daranse cita en Verducido no Campionato Galego de inverno e o Cidade de Pontevedra Nelo Winter Challenge
Máis de mil padexeiros daranse cita no Campionato Galego de inverno e o Cidade de Pontevedra Nelo Winter Challenge, as dúas competicións que se disputará no encoro de Verducido. A primeira delas será o sábado, a partir do nove e media da mañá, e a segunda os días 8 e 9 de marzo. No Cidade de Pontevedra estarán representados vinte países.
O Campionato Galego, que se disputará sobre a distancia de cinco 5.000 metros, marca tamén o inicio oficial da tempada de competición oficial. Á cita acudirán 32 clubs e 450 padeeiros, segundo a lista de inscritos. As Torres Romaría Viquinga, con 40 deportistas, Pontecesures, con 32, Kaiak Tudense e Cidade de Pontevedra, con 31, e Breogán do Grove e Rías Baixas Náutico Boiro, con 23, serán os que teñan unha maior presenza.
Realizaranse un total de sete saídas, a primeira delas ao nove e media da mañá. Competirán as categorías cadetes, xuvenil, sénior e veteranos, tanto na modalidade de K-1 como en C-1.
O Campionato Galego de Piragüismo, unha das probas máis importantes da tempada, dará paso á Cidade de Pontevedra Nelo Winter Challenge, unha prestixiosa proba que se disputará por primeira vez fóra de Portugal. A esta cita acudirán durante dous días, o 8 e 9 de marzo, padeeiros de vinte países que disputarán as probas durante dúas xornadas.
O nivel deportivo será moi alto, xa que á cita confirmaron a súa asistencia destacados padeeiras que gañaron mundiais e mesmo tamén lograron bos resultados en varios Xogos Olímpicos.











