Mike Muscala e Durand Scott, pura gasolina do Rio Natura Monbus

Mike surtindo gasolina aos clientes da estación de servicio
O MVP da última xornada da liga Endesa, Mike Muscala, serviu hoxe combustible aos afeccionados do Rio Natura Monbus nunha gasolineira do Grupo Los Ángeles, membro do club de Empresas Obradoiro, xunto ao seu compañeiro de equipo Durand Scott.
Á primeira hora da mañá o pivote e o beirado chegaron á Estación de Servizo Compostela, no polígono Costa Vella, para unirse á xornada de traballo. Os dous xogadores da máxima categoría do baloncesto nacional forneceron de combustible aos clientes que pasaron entón pola gasolineira, antes de marcharse ao seu adestramento matinal.
Muscala subliñou que “é a primeira vez” que fai unha actividade tan distinta ao baloncesto desde que se converteu en profesional deste deporte e tamén deixou claro que repetiría a experiencia: “Durand e eu pasámosnolo/pasámonolo moi ben. Fomos á primeira hora á estación, alí estivemos a falar cos clientes e axudándolles a encher”, relatou.
O máis importante desta iniciativa é que serve para conseguir “patrocinios e apoios”, pois este norteamericano ve fundamental “mostrar noutros lugares e a outras persoas que poden axudar ao Rio Natura Monbus. Toda a comunidade pode botarnos unha man, e nós a ela tamén”.
Muscala acaba de ser o mellor xogador do fin de semana, xunto con Andy Panko, despois de establecer o seu tope anotador na entidade compostelá con vinte e cinco puntos ante o Iberostar Tenerife e 32 de valoración, que o levan á cima da xornada número dezaoito.
Ao terminar o seu traballo, tanto Muscala como Scott foron ao Fontes do Sar para unha intensa sesión de adestramento, pois o equipo non descansa aínda a pesar de que a liga para pola disputa da Copa do Rei. “Sempre é importante descansar. O ano pasado xoguei moito na universidade e agora tamén hai moitos partidos, polo que tres ou catro días virannos moi ben”, recalcou un home que a pesar da súa excepcional tempada continúa coa mesma humildade coa que aterrou en Santiago fai apenas seis meses.
O Rio Natura Monbus ten un acordo con Los Ángeles Gas polo que os socios e/ou accionistas do club teñen descontos directos en carburante nas estacións de servizo da compañía petroleira.
En concreto, esta iniciativa favorecerá aos socios e/ou accionistas actuais do club con descontos inmediatos de 0,024 euros por litro de combustible enchendo en calquera das gasolineiras da compañía. Os descontos realizaranse a través do seu carné de socio nas estacións de servizo do Grupo.











