Mike Muscala do Rio Natura Monbus: “A afección é o noso sexto home”
O Rio Natura Monbus gañou esta xornada no Fontes do Sar, unha vitoria que veu acompañada polo recoñecemento do xogador Mike Muscala como mellor xogador da décimo oitava xornada da liga Endesa. Muscala asinou 25 puntos (o seu novo tope na liga Endesa), con 10/14 en tiros de dous, 5/6 en lanzamentos libres, 8 rebotes, unha asistencia, dous roubos e oito faltas recibidas para unha valoración final de 32. Aínda que compartido co xogador fuenlabrareño Andy Panko, o estadounidense estreouse na súa condición de MVP na liga Endesa.
O pivote de Minnesota, líder na clasificación de rebotes, tras coñecer o nomeamento declarou sentirse ben. “A verdade é que é unha boa noticia . É un bo recoñecemento nunha liga con xogadores de tanta calidade. Pero a verdade é que me sento mellor pola vitoria e que fixemos un bo partido que polo reconocimineto persoal”.
Para Muscala outro dos factores importantísimos neste primeiro partido da segunda volta foi unha vez máis a afección. “A afección para nós é o noso sexto home. O ter un pavillón cheo e animando axúdanos, tanto nos momentos bos como nos malos”, afirma o xogador tras concluír o primeiro partido da segunda volta no que o club xa ten á venda os abonos con prezos que oscilan entre os 140 e 350 euros para o público en xeral.
O pivot norteamericano considera que “hai moitos aspectos dun partido que teño que ter en conta. Moncho díxome que nun partido hai moitos mini partidos, e eses son nos que teño que pensar e gañar. Pensar na próxima posesión, e a gañar máis mini-partidos que perder”, explica Muscala.
O xogador do Rio Natura Monbus considera que o arranque do equipo “está a ser mellor cada semana e é evidente no tres vitorias consecutivas. Estamos a pasar o balón moi ben e axudándonos en defensa. Si seguimos así eu creo que podemos ter éxito nesta segunda volta”. Con respecto ao seu primeiro ano no baloncesto europeo “está a ser moi bo. Estou a aprender moitísimo dos partidos, os adestradores e dos meus propios compañeiros”.
Pola súa banda, Muscala tamén foi incluído no mellor quinteto da semana pola súa “Xenerosidade” na pista. En xogador entrou entre o cinco mellores xogadores da xornada 18 da liga Endesa. O resto do equipo fórmano Andy Panko (Liderado), Bojan Dubljevic (Eficacia), Felipe Reyes (Actitude), e Oliver Lafayette (Entrega).











