Membros da APA do Infanta Helena reuníronse co alcalde de Monforte
O alcalde de Monforte reuniuse esta mañá con integrantes da APA do Colexio de Educación Especial Infanta Helena.
A reunión fora solicitada pola APA co obxecto de oficializar o ofrecemento de Severino Rodríguez para o centro de continuidade que veñen demandando desde hai tempo. O Concello está en disposición de achegar terreos para que a Xunta de Galicia construa o citado centro, ou ben de proporcionar un edificio que a Xunta debería acondicionar para tal fin.
Os membros da APA do Infanta Helena e o alcalde de Monforte acordaron recoller toda a información relativa tanto ás características que debe reunir o centro de continuidade como as do solar e o edificio que lles ofrece o Concello. Con estes datos sobre a mesa, volverán reunirse o vindeiro martes día 18 de febreiro, xuntanza á que tamén asistirá un técnico encargado de estudar a documentación e realizar un informe sobre cal das dúas ofertas municipais resulta a máis idónea para acoller o centro de continuidade.
As previsións son que o informe estea rematado a comezos do mes de marzo, para entrégalo posteriormente á Xunta de Galicia co obxecto de iniciar os trámites para executar o proxecto.











