Meira celebrará o Entroido o luns 3 de marzo
O luns día 3 de marzo terá lugar en Meira a celebración do Entroido.
Pola tarde será o turno dos máis novos para os que se organiza o Entroido Infantil no Pavillón Municipal de Deportes por parte da ANPA. E para completar a festa o Concello ofreceralles o chocolate con churros para todos os asistentes, moi apropiado para estes días fríos.
Xa pola noite será o momento dos maiores. A partir das 22 horas comezará o baile de disfraces amenizado por TANIA Y SU ACORDEÓN.
A partir da media noite comezará o concurso con tres premios en cada categoría: Individual, Parellas e Comparsas. O prazo para anotarse está aberto ata esa mesma noite antes do comezo do desfile. As bases reguladoras do concurso pódense consultar na web do Concello. Organiza: Concello de Meira.