Medio cento de alumnos galos pasarán un mes en Cambre cun programa de intercambio formativo

Visita dos estudantes galos ao Concello de Cambre
O Concello de Cambre recibiu hoxe a case medio centenar de alumnos e alumnas procedentes dun centro educativo francés, grazas a un programa de intercambio cultural e educativo que promove o IES Alfonso X da Barcala. O próximo mes serán os alumnos cambreses os que viaxen ao país galo a Lle Cheylard, Ardèche para pasar catro semanas de intercambio educativo. O edil de Cultura, Santiago Ríos, dedicou unhas palabras aos alumnos franceses e convidoulles a gozar durante estes días da cultura galega. “Convídovos a que vos empapedes da nosa cultura, da nosa gastronomía, dos nosos monumentos, e paisaxes e sobre todo, das nosas xentes, que seguro farán da vosa estancia sexa o máis plácida e agradable posible”, sentenciou.











