Medio centenar de persoas asistiron ao Circo de Entroido dos meniños da gardería de Brión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+
Circo de Entroido

Circo de Entroido

Máis de medio centenar de veciños e veciñas de Brión asistiron esta mañá ao Circo de Entroido dos meniños e meniñas da gardería municipal de Brión. O mal tempo impediu o tradicional desfile no exterior da gardería, pero non apagou as gañas de festa dos pequenos, que celebraron o entroido no patio interior cuberto da escola canda os seus pais, nais, avós e avoas.

A temática escollida para os disfraces deste ano era o circo, de xeito que os pequenos ían caracterizados como leóns, pallasos, trapecistas, levantadores de pesas… Uns traxes elaborados con material de reciclaxe (especialmente con papel, cartón e plástico) e en cuxa confección participaron non só os pequenos (sobre todo no pintado dos mesmos) senón tamén os seus familiares.

A diferenza de anos anteriores, e debido ao reducido espazo do patio, a festa tivo que celebrarse en dúas quendas: primeiro os nenos de entre 1 e 2 anos e despois os cativos de entre 2 e 3 anos. Mañá venres, ás 10:00 horas, rematarán os festexos de Entroido na gardería municipal de Brión coa celebración dunha gran Festa de Disfraces, á que tamén están convidados os familiares dos pequenos sempre e cando veñan tamén disfrazados.

27 de febreiro de 2014 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.