Marta Megías, Rosario Pardo e Carmen Gutiérrez protagonizan en Ferrol a comedia “El gran día de la madre”
A compañía Q de Quintanilla presenta este sábado, día 22 de febreiro, a súa comedia “El gran día de la madre” no Teatro Jofre. A actuación dará comezo ás 20:30 horas e forma parte da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.
“El gran día de la madre” é unha historia cómica sobre unha familia na que unha avoa, unha nai e unha neta descobren que en realidade non son familia. A partir dese momento, xorden as dúbidas entre os personaxes pero, mentres tanto, as tres mulleres da familia deciden celebrar a festividade dunha forma que no esquecerán. A obra está interpretada polas grandes actrices Marta Megías, Rosario Pardo e Carmen Gutiérrez, e baixo a dirección de Julián Quintanilla.
Tickets para o espectáculo
As entradas poderán ser adquiridas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.











