Malabaranda actúa no teatro de Tui cun espectáculo de circo-clown

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, 15 de febreiro, ás 19h a representación do espectáculo de circo-clown “Residuo” por parte de Malabanda.
 
“Residuo” é un espectáculo didáctico e pedagóxico para todos os públicos no que se mestura o circo e o humor para crear unha conciencia social sobre o tratamento sostible do lixo.  A obra está protagonizada por dous varrendeiros, aos que dan vida Manuel Lago e J.L. Rodríguez “Kote”,  dos que un ten ampla experiencia na recollida selectiva e outro só pensa na música e na festa.
 
O espectáculo, cunha duración de 55 minutos e vai dirixido a todos os públicos. 

14 de febreiro de 2014 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.