Lousame inicia a tramitación de tres proxectos de mellora de estradas por 120.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Xunta de Goberno do Concello de Lousame aprobou o inicio do procedemento para a contratación de tres proxectos de mellora da pavimentación de estradas e ampliación de vías no municipio por un importe total de máis de 120.000 euros. O proxecto de maior orzamento é o da mellora do pavimento do vial dende o cruce de Castiñeira ata Gandarela (Lousame), que ascende a 49.802,09 euros.

Así mesmo, tamén se contempla a ampliación e pavimentación dun vial interior en Merelle (Tállara) e a mellora do pavimento no vial de acceso a Aldarís (Fruíme), orzamentados en 39.596,56 euros. Finalmente, o terceiro proxecto destinará 32.205,44 euros á mellora do pavimento e ampliación do vial de acceso a Quintáns (Lesende) dende San Paio, así como á ampliación do vial de Horta a Cairo, tamén na parroquia de Lesende

10 de febreiro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.