Lousame adxudica as obras de acondicionamento do camiño Confurco-Ces por 59.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe luns publica a adxudicación do acondicionamento do camiño Confurco-Ces ao contratista Nemesio Ordóñez SA por un importe de 59.422’40 euros. Unha obras cofinanzadas polo Concello de Lousame, con algo máis de 10.000 euros, e polo AGADER, con algo máis de 49.000 euros a través do Plan marco Programa Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

As obras consistirán na limpeza de gabias en ambas marxes do vial que une Confurco e Ces, así como a mellora da súa capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a superficie, previo bacheo e tratamento asfáltico. Así mesmo, renovarase a correspondente sinalización horizontal, co pintado de liñas en bordes.

3 de febreiro de 2014 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.