Josu Feijoo visita a CEO para contar as súas experiencias deportivas
No marco do programa de conferencias “Ourense compite”, organizadas polo COB en colaboración coa CEO, hoxe é a quenda de Josu Feijoo Gayoso na que leva por título ‘E si os soños cúmprense?
Nela Josu traballará sobre aspectos fundamentais para saber competir e competir mellor. A súa experiencia vital como diabético dedicado ao alpinismo comunícaa en charlas especializadas en traballo en equipo, liderado e motivación, que impartiu xa nalgunhas recoñecidas empresas (Telefónica, Vodafone, Orange, Nokia, Roche, National Geographic, Ibercaja….).
Feijoo é ademais xefe de expedición e actualmente está en período de adestramento como astronauta en NASTAR (Estados Unidos) e acumula tamén experiencia no centro espacial Yuri Gagarin de Moscova. Enxeñeiro eléctrico e máster en robótica pola Universidade de Ohio, Josu Feijoo impartiu xa máis de 300 conferencias en empresas privadas e outros colectivos.
Nas súas intervencións, Josu Feijoo compara a súa experiencia persoal escalando o Everest coa consecución das aspiracións persoais. Este alpinista, o primeiro diabético que ascende e coroa o Everest, defende que a forza de vontade é un tesouro e que, sabendo como canalizala podemos chegar a conseguir todo aquilo que nos propomos.
Así mesmo, o relator é partidario tamén de deixarse asesorar por aqueles que teñen máis experiencia e manterse sempre nun constante proceso de formación. Segundo el, confiar nas calidades e capacidades persoais é fundamental porque crer nun mesmo é a ferramenta necesaria para poder alcanzar metas.
Ao longo da súa traxectoria obtivo os seguintes galardóns:
Primeiro diabético en escalar o Everest
Accésit do diario Marca (2006)
Real Orde ao Mérito deportivo (2007)
Insignia Olímpica-Comité Olímpico Español (2009)
Aro Azul, máxima distinción outorgada pola Federación Internacional de Diabetes (2011)
Acto: Conferencia ‘E si os soños cúmprense?
Relator: Josu Feijoo,
Data: mércores, 19 de febreiro
Hora: 20 horas
Lugar: Salón de actos – CEO











