José A. Uris Guisantes abordará a última barferencia sobre o Castelo de Santa Cruz na Guarda
O filántropo guardés José Antonio Uris Guisantes porá fin este venres, 7 de febreiro, ás 20.00h na Cafetería Avenida ó ciclo das barferencias sobre o Castelo de Santa Cruz.
Baixo o título: “O Castelo de Sta Cruz no século XX. Historia e lembranzas” fará un percorrido por este espazo de máis de 20.000 m2, ubicado no centro da Guarda e que permaneceu oculto durante máis de 150 anos.
José A. Uris tamén participou nas charlas sobre o Monte de Santa Trega do ano pasado, xa que debido á súa implicación en múltiples actividades levadas a cabo na Guarda, é un gran coñecedor e investigador da historia local.
Ademais, formou parte de diferentes asociacións da nosa vila, como por exemplo da Agrupación Cultural Guardesa, sendo Presidente dende súa fundación ata 1985 e máis tarde Secretario ata 1997. Tamén foi Presidente da Asociación Érguete Baixo Miño dende 1990 ata 2010 e Secretario da Asociación Cultural Pedra Furada da Guarda e da Comisión de Festas do Monte dende o ano 2000 ata 2012. Ten publicado numerosos artigos na páxina web: www.galiciasuroeste.info e colaborado durante quince anos no Libro Programa das Festas do Monte.











