IV Gala Internacional de Patinaxe Artística a favor das enfermidades raras
A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónica-FEGEREC, organiza a IV Gala Internacional de Patinaxe Artística a favor das enfermidades raras.
O obxectivo desta Gala é dar visibilidade ao colectivo de afectados por enfermidades raras e ultrarraras, sensibilizar á sociedade sobre a súa problemática e obter recursos económicos para financiar o Programa Asistencial Sociosanitario que ofrece aos máis de 200.000 afectados en Galicia por algunha enfermidade pouco frecuente.
A través deste programa ofrécese información sobre a patoloxía, recursos sociais, asistenciais e sanitarios dispoñibles, asistencia psicolóxica e neuropsicolóxica, fisioterápica e de logopedia.
A Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas está composta poos seguintes colectivos:
Asociación Galega de Lupus (AGAL)
Asociación Galega de Ataxia (AGA)
Asociación Galega contra a Fibrosis Quística
Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple (ACEM)
Asociación Galega de Esclerosis Lateral Amiotrófica (AGAELA)
Asociación Galega de Afectados por Retinosis Pigmentaria (AGARP)
Asociación Galega de Linfedema (AGL)
Delegación Galega de Asociación Nacional de Amigos de Arnold Chiari (ANAC)
Asociación Española da enfermidade de Behçet
Persoas afectadas por unha enfermidade ultrarara
Data y lugar de celebración IV Gala: Domingo 16 de febreiro de 2014, ás 17.00 hs, no Pazo dos Deportes de Riazor de A Coruña. Apertura de portas ás 16:15 horas.
Patrocinan:
Secretaría Xeral para o Deporte, Xunta de Galicia
Concello de A Coruña
Deputación de A Coruña
Federación Italiana de Patinaxe
Federación Española de Patinaxe
Federación Galega de Patinaxe
Colegxo Oficial de Farmacéuticos de A Coruña
Colaboran:
Cruz Roja Española
Federación Provincial de APAS de Colexos Públicos,
Asociacións Veciñais e culturais
Cuatro Caminos Centro Comercial
Supermercados Gadis
Supermercados Eroski
Supermercados Familia
Verduras Frescas
Feiraco
Entrada-donativo Poderanse adquirir a través dunha doazón de 5 euros das seguintes maneiras:
-Tenda on line de fegerec.es ata as 00:00 horas do sábado
-Stand no Centro Comercial Cuatro Caminos ata o sábado ás 22:00 horas
-Taquilla do Pazo dos Deportes de A Coruña o 16 de febrero de 10.30 a 14 horas e de 15.30 a 16.45 horas.
As portas do Pazo dos Deportes de Riazor abriranse ao público ás 16:15 horas.
Existe unha Fila 0 no nº de conta ES66 0182 0547 83 0201530474 para o que non poida asistir e queira colaborar coa Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas.
Participantes
Na Gala participarán arredor de 500 patinadores de clubs de toda Galicia ante un público que se agarda que acade os 5.000 espectadores.
Destacamos a presenza da parella italiana formada por Sara Venerucci e Danilo Decembrini, actuais Campións do Mundo Senior de Parellas, sendo o 2013 o cuarto ano consecutivo que revalidan o título.
Tamén actuará Aida Vieites Pier, patinadora de Cambre, que competiu a nivel internacional e a parella formada por Raquel Rodríguez e Alberto Artigas, do Club Alquimia, que nos sorprenderán coa súa coreografía.
No espectáculo, de dúas horas de duración, poderemos ver actuacións nas seguintes modalidades:
– Grupos de Show
– Individual Feminino
– Parellas Mixtas
– Parellas de Danza
Os clubs que participarán na Gala son os seguintes:
Club Valladares- Vigo
Club Brincadeira- A Coruña
Club Campus Stellae- Santiago de Compostela
Club Liceo La Paz- A Coruña
Club Ribex- Porriño
Club Alquimia- Carral e Ordes
Club Carpa- Vigo
Club Patiber- Bergondo
Club Buxaina- Ferrol
Club Conxuro- Laracha
Club Compañía de María- A Coruña
Club Maxia- A Coruña
Club Ribeira- Ribeira
Club Fontiñas- Santiago de Compostela
Club Ánfora- Cangas do Morrazo
Queremos agradecer especialmente a colaboración dos seguintes clubs, que participarán na Cerimonia de Clausura:
Club Anca- Sarria
Club Fervello- Arteixo
Club Patiart- Coristanco
Club Radeansa- A Coruña
Asistentes confirmados:
Pilar Farjas, Secretaria General de Sanidad y Consumo (Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad)
Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia
Enrique García Raposo, Presidente da Federación Galega de Patinaxe











