Inaugúrase un novo crematorio e tanatorio na cidade de Ourense

Inauguración do tanatorio
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou no acto de inauguración dun novo crematorio e tanatorio na cidade de Ourense. “Burgas II”, que así se chaman as novas infraestruturas dos mesmos empresarios que rexentan o tanatorio existente en Seixalbo, está emprazado no polígono Barreiros, na localidade de San Cibrao das Viñas e vén a responder á demanda que destes servizos funerarios existía na actualidade en Ourense.











