Igualdade concede ao Concello de Marín a actividade “programa Desconexión”
Trátanse dunha xornada lúdica e terapéutica gratuíta que terá lugar o día 1 de marzo, que inclúe o xantar. Está enfocada a traballar con mulleres, así como cás súas fillas e fillos. Busca proporcionar ferramentas de autoprotección e educación en igualdade, con puntos de encontro entre ambos que reforcen a través do xogo e da risa así como de situacións cotiás os vínculos socioafectivos e materno-filiais.
O programa proporciona un soporte social e continuado, nun grupo de apoio de acceso limitado unicamente ás participantes; que se xestionará a través das redes sociais. Ten coma obxectivo crear unha rede social entre as mulleres participantes de toda Galicia nestas xuntanzas. Tamén participarán neste grupo profesionais voluntarios formados nesta materia que traballarán dando resposta a dúbidas que poidan xurdir e interaccionando coas mulleres nun proceso de retroalimentación.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA
Terapia ocupacional
1.- Obxectivo xeral
Restablecer as ocupacións das e dos menores para lograr a máxima independencia e autonomía; así como un bo equilibrio ocupacional, (facendo especial fincapé na participación social e na educación) necesarios para gozar dun estado óptimo de saúde.
2.- Obxectivos específicos:
Expresión de sentimentos para eliminar a posibilidade dun “embotamento afectivo”.
Estimulación cognitiva (atención, concentración, razoamento)
Resolución de problemas e toma de decisións.
Traballar a capacidade de autocontrol e a frustración.
Traballar habilidades sociais que permitan unha boa integración có seu grupo de iguais e a súa comunidade.
Autoestima.
Importancia do traballo en equipo.
Impulsar o bo humor e a risa.
Aproveitar os beneficios da risa.
Facilitar a relaxación e a recreación na fonte da creatividade, inspiración e da imaxinación.
Desenrolar a liberdade de expresión das nosas emocións e sentimentos.
Aprender a rirse dun mesmo.
Coñecer e crear novas relación con persoas afíns.
Capacidade de desafogar angustias e frustracións sen sentimentos de culpa.
Reforzo do vínculo socioafectivo das nais e as súas fillas e fillos.
Redes sociais:
1.- Obxectivo xeral:
Facer un seguimento e apoio ás participantes.
2.- Obxectivos específicos:
Realizar debates.
Resolver dúbidas.
Crear unha rede de apoio social.
Coñecer persoas afíns que vivencien situacións similares.
Normalización do problema.
Autoprotección:
1.- Obxectivo xeral
Dotar ás mulleres de ferramentas de autoprotección.
2. -Obxectivos específicos
Identificación dos perfís de comportamento das persoas que exercen violencia.
Coñecemento do funcionamento do ciclo da violencia de xénero.
Técnicas para a xestión de situacións de violencia.
Técnicas da xestión de estres.
Técnicas de relaxación.
PERSOAS DESTINATARIAS:
Mulleres cos seus fillos e fillas que a criterio dos Servizos Sociais ou do CIM poidan participar coa posibilidade de pertencer a outros concellos. A idade dos e das menores será de 6 a 12 anos.En caso de ser menores ou maiores de esa idade estudaríase o caso concreto.
NÚMERO DE PARTICIPANTES:
Máximo de 30 menores e 30 mulleres, total de 60 asistentes.
Mínimo de 20 asistentes, incluíndo fillas e fillos e nais.
Para máis información poden poñerse en contacto co Centro de Información ás Mulleres de Marín, sito no 2º andar da Casa Principal da Finca de Briz, teléfono 986891802 e correo electrónico cimmarin@gmail.com.











