publicidade hoxe

I xornada de tecnificación para adestradores do fútbol base da Escola de Fútbol Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

A Dirección da Escola de Fútbol Boiro inicia un ciclo de xornadas de tecnificación dirixidas aos seus adestradores do fútbol basee co relatorio que impartirá o director de metodoloxía do Real Club Celta de Vigo, Eduardo Covelo.

Nesta xornada,  os adestradores da Escola de Fútbol Boiro coñecerán o modelo e metodoloxía do traballo que o Real Club Celta de Vigo está a utilizar na Madroa e que tantos froitos está a dar na base do equipo vigués.

D. Eduardo Covelo, que actualmente ocupa o posto de Director da área de Metodoloxía do Real Club Celta de Vigo é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte, Máster en preparación física no fútbol e Máster no alto rendemento deportivo.  A nivel deportivo a súa carreira desenvolveuse principalmente como Preparador Físico.

O obxectivo desta xornada de actualización é ensinar como organiza un equipo profesional o seu traballo a nivel metodológico e coñecer os contidos e a forma de estruturar o traballo tanto en etapas de formación, como en etapas de maior rendemento.

Hai que lembrar que o club vigués e a Escola de Fútbol Boiro teñen asinado un convenio de colaboración no cal, entre outras cousas, permite a posibilidade de que os mozos xogadores boirenses vaian adestrar á Madroa e  poidan fichar polo Real Club Celta de Vigo como o caso do novo futbolista Brais Neto.

A xornada empezará ás 18:30h e terminará ás 21:00h do martes día 18 de febreiro e dividirase en tres partes; unha hora de exposición, media hora de coloquio e unha hora  práctica.

17 de febreiro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.