I Feira da gastronómica e da caza en praia América

Inauguración da I Feira da gastronómica e da caza en praia América
O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, inaugurou hoxe en compañía do presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira, o presidente da Federación de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo, e José Juan Martínez Cabaleiro, en representación da organización do evento, a I Feira de Gastronomía e Caza en Praia América.
O evento permanecerá aberto mañá todo o día, desde as 10.00 até as 19.30 horas, cunha superficie total de máis de 6.000 metros cadrados. Os visitantes poderán gozar de exhibicións de tiro con arco -ademais de poder probalo eles mesmos-, cetraría, probas de rastrexo con cans da raza Springer Spaniel e demostracións caninas de agility nun circuíto de obstáculos, así como dunha ampla e variada mostra de produtos e accesorios propios desta actividade e inchables para os máis pequenos.
Ademais, os membros do colectivo Vesdespacio Miñor realizarán mañá domingo unha concentración na contorna da feira, e habilitarán un punto de recollida de tapóns solidarios para a plataforma do Baixo Miño.
CURSO DE ELABORACIÓN DE XABÓNS
Doutro lado, o Concello de Nigrán organizará un curso de elaboración de xabóns na Asociación de Veciñal e Cultural de Monteferro durante un mes, en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prezo por persoa é de 15 euros, e inclúe todo o material necesario para a fabricación de xabóns: glicerina, esencias, moldes, manteis, luvas, etc. Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller, no 986 38 30 81 ou a través do correo electrónico cim@nigran.org.











