Homenaxe en Santiago ao profesor doutor Agustín Dosil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, en delegación do presidente da Xunta de Galicia asistiu hoxe pola tarde á homenaxe ao profesor doutor Agustín Dosil Maceira, con motivo da súa xubilación universitaria e remate da súa etapa como presidente da Arquiconfraría do Apóstolo Santiago.
No acto, que se desenvolveu no Hostal dos Reis Católicos, tamén se presentou un libro homenaxe editado na colección “científicos do mundo”, no que se recoñece o traballo desenvolvido polo que foi catedrático e director do departamento de psicoloxía evolutiva e da educación da Universidade de Santiago.
Entre o traballo desenvolvido por Dosil Maceira destaca o deseño e colaboración do programa “Galicia. Camiños de concordia”, que no 2005 tivo como actividades máis destacadas a Conferencia Mundial para a paz, a solidariedade e o desenvolvemento, no marco da cal se organizaron dez congresos internacionais. Ademais, en 1999 elaborou o Dicionario de Psicoloxía e Educación da Xunta de Galicia entre outras labores de colaboración coa administración autonómica.











