Gran Carreira pedestre da comparsa escolar de Gondomar
Con motivo do Entroido 2014, a concellaría de Festexos de Gondomar organiza para o vindeiro venres 28 a Gran Carreira pedestre da comparsa escolar, Corre coa túa máscara!, na que se estima participen aproximadamente 1200 rapaces e rapazas dos centros de educación do Concello.
A carreira sairá ás 11.00 horas desde o Pavillón de Deportes e percorrerá as principais rúas do casco de Gondomar durante unha hora aproximadamente. A chegada será ás 12.00 horas voltando ao Pavillón de Deportes.











