publicidade hoxe

Galería Mulleres de Muxía dedica o mes de febreiro a Lola Mora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

GALERÍA MULLERES de Muxía organiza unha mostra durante o mes de febreiro dedicada a Lola Mora. Ademais, na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar o libro: Marian L.F. Cao. “CREACIÓN ARTÍSTICA Y MUJERES”. Narcea

Lola Mora

Tucumán, 1867-1936. Escultora.

É a artista máis recoñecida nos albores do século XX.

Sempre envolta en polémicas pola súa vida e a súa obra. Comeza pintando, pero logo dedícase totalmente á escultura.

Fórmase coma artista en Bos Aires e traballa en Roma con Monteverde, especialista en monumentos conmemorativos. Comeza a recibir encargos para Italia, Arxentina, Australia e Rusia, por exemplo, en 1900, a Fonte das Nereidas ( Fonte de Lola Mora), para a cidade de Bos Aires. Esta obra, dende o principio é motivo de grandes polémicas pols desnudos e a sensualidade da obra, polo que foi cambiada a ubicación orixinal fronte á catedral.

Tódalas súas obras son motivo de controversia e algunhas son destruidas. Segundo Liliana Santoro (19179), “Lola Mora pode ser confrontada de igual a igual cos artistas da súa época en canto a valores profesionais, pero, ao mesmo tempo, é necesario computar no seu favor a loita sen cuartel que debeu librar contra os prexuízos que a descalificaban polo feito de ser muller, ou que lle esixían condicións de perfeción case anxelical pola única razón de dedicarse a unha vocación aparentemente destinada aos homes”.

Ao final da súa vida, Lola Mora abandoou desengañada a escultura e embarcouse en aventuras cinematográficas e mineiras nas que perdeu toda a súa fortuna ata morrer na miseria.

4 de febreiro de 2014 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.