Gabriel Tembrás acada a prata en free style e técnica no Open de Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Gabriel Tembrás

Gabriel Tembrás

O galego Gabriel Tembras segue amosando a súa enorme cualidade aí onde participa. Nesta oportunidade, acadou a medalla de prata tanto en free style coma en técnica no Open de Alemaña de clase A, que se celebrou esta fin de semana en Gummersbach os días 15 e 16 de febreiro. Tembrás é o actual campión de España e de Europa de free style en categoría de menos de 18 años, e destaca polas magníficas condicións físicas que ten para este deporte, así como pola súa madureza a pesar da súa xuventude.

Unha vez máis, Gabriel amosou o seu talento e fixo un magnífico traballo neste open, onde estaban os mellores taekwondistas do mundo.

O free style é unha modalidade moi nova, onde hai unha mestura de técnica, con coreografía e música, polo que é moi entretido para o público xa que non hai dous exercizos iguais.

Polas magníficas condicións físicas de Tembrás, o deportista galego destaca en todas as modalidades (combate, técnica e free style).

16 de febreiro de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.