publicidade hoxe

Frades organiza un curso para o adestramento de cans de caza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades organiza un Curso de Adestramento de Cans de Caza de 16 horas, que se impartirá durante as mañás dos sábados do mes de marzo. Un curso impartido por un profesor titulado da Federación de Caza de Galicia e que inclúe clases teóricas no multiúsos de Frades, sesións prácticas con demostracións con cans e saídas ao monte. O prezo do curso é de 20 euros e os interesados en participar deberán anotarse antes do 17 de febreiro no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

Por outra banda, o Concello de Frades lembra que segue aberta a inscrición na Xornada sobre Oportunidades de Negocio no Sector Forestal, que terá lugar o mércores 26 de febreiro, ás 16:30 horas, no multiúsos do municipio. Unhas xornadas de participación totalmente libre e de balde, se ben é preciso anotarse previamente no Concello de Frades ou chamando ao teléfono 981 695 567.

A charla, que será impartida por técnicos e especialistas da Asociación Profesional de Silvicutores de Galicia (Silvanus) e de ENCE, xirará en torno a tres temas principais: certificación de xestión forestal, cultivo e xestión sostible do eucalipto; e futuro da biomasa: oportunidades de desenvolvemento para o medio rural.

6 de febreiro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.