Formación en materia de prevención de riscos laborais en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo forma aos traballadores pertencentes aos distintos programas de fomento do emprego en materia de prevención de riscos laborais.

Na mañá de hoxe nas dependencias municipais e aproveitando as inclemencias meteorolóxicas o Concello de Cerdedo organizou en colaboración coa empresa que presta os servizos de prevención unha xornada básica en materia de prevención de riscos laborais e primeiros auxilios.

Esta xornada foi impartida por unha técnica especialista na materia e os contidos impartidos foron:

Introdución Lei prevención riscos laborais
Conceptos básicos
Medidas de emerxencia
Riscos específicos do posto

A duración da mesma foi de 3 horas.

“Con esta xornada buscamos formar aos traballadores e na medida do posible minimizar riscos para evitar accidentes de traballo. Consideramos básica esta formación que se imparte, de aí a nosa preocupación porque asistisen todos os traballadores dos distintos plans e programas que temos e adecuamos a formación á especialidade que teñen os mesmos”, declara o Alcalde.   

20 de febreiro de 2014 | 20:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.