Finalizan as obras de reparación do tellado do comedor do Ceip Espiñeira en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Tarefas de reparación da cuberta

Tarefas de reparación da cuberta

Esta semana procedeuse a iniciar as obras de reparación e reposición do tellado do comedor escolar do CEIP Espiñeira danado polos fortes temporais que azoutaron a costa galega nos últimos meses. Os traballos, que comezaron este martes, consisten na retirada das tellas vellas e na colocación dunha cuberta completa con panel de dobre chapa de acero prelacado con illamento no núcleo con espuma de poliuretano de 30mm de espesor así como a colocación de perfís metálicos de acero galvanizado para a regulación dos faldóns da cuberta paneis de chapa. A obra avanza a bo ritmo grazas ao bo tempo dos últimos días que está facilitando o traballo dos operarios que esperan rematar ao longo do día de hoxe, quedando pendentes os últimos remates. Esta actuación está financiada pola Consellería de Educación cun investimento de 8.000 euros dos cales a metade xa foron ingresados ao propio centro.

A estes traballos hai que sumar as labores de mantemento desenvolvidas pola brigada de obras municipal nas instalacións do centro escolar.

Por outra banda a Xefatura Territorial de Educación confirmou ao goberno local que en próximas datas desprazarase ao centro técnicos entre os que está o aparellador do organismo co obxectivo de estudar a viabilidade de ampliar a actuación a toda a cuberta do patio do centro escolar. 

O concelleiro de Educación José Luis Gestido sinala que sumado a esta actuación se están levando a cabo a revisión do Pavilón do centro, mellorando o acceso ao mesmo, colocando sistemas de apertura anti pánico nas dúas portas, suxeitando os policarbonatos das ventás e completando a iluminación de emerxencia. O próximo lunes realizarase a  revisión de cumprimento das especificacións de seguridade

21 de febreiro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.