Finaliza o prazo para presentar as ofertas para os postos vacantes da praza de abastos de Cangas
Mañá remata o prazo para presentar as ofertas para adxudicación dos sete postos vacantes na Praza de Abastos: tres postos de carnicería (nº6, nº 11 e nº22) e catro de peixería (nº23, nº45, nº46 e nº47). Os postos terán un prezo de licitación de 15.988,26, 14.534,78 e 15.988,26 euros respectivamente nos postos de carnicería e de 8.724,67 euros cada posto de peixería, sendo unha licitación mellorable á alza, co cal serán rexeitadas as ofertas inferiores a devanditas cantidades. Este canon no exime aos novos adxudicatarios de asumir ás correspondentes taxas pola utilización das instalacións do mercado que ascenden na actualidade a 71,23 euros ao mes no caso das carnicerías, chacinerías e ultramarinos e a 58,88 euros ao mes no caso das peixerías.
A duración da concesión dos postos será ata o ano 2035. Os solicitantes deberán achegar toda a documentación antes das 14.00 horas no Rexistro Xeral do Concello.











