Finaliza o prazo para preinscribirse nos cursos de lingua galega Celga
O Concello de Cangas en coordinación coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia organiza os cursos preparatorios para a obtención dos Certificaos de Lingua Galega (CELGA). Estas iniciativas formativas gratuítas teñen como obxectivo procurar a todas as persoas que o desexen a posibilidade de tomar contacto ou perfeccionar os seus coñecementos en lingua galega, mellorando as súas competencias lingüísticas a vez que amplían o seu currículo académico e profesional casa a súa inserción no mercado de traballo. Neste senso cabe salientar que a obtención do CELGA permite certificar un coñecemento de galego a efectos de requisitos académicos e laborais esixidos en diferentes convocatorias e concursos. Para obter este certificado nun determinado nivel é necesario aprobar a correspondente proba, tanto escrita como oral, que convoca a Xunta de Galicia.
Para preinscribirse nos cursos ou solicitar asesoramento aqueles interesados poden achegarse ao Centro Municipal de Formación Casa de Oficios “Lorenzo Corbacho” situado na avenida de Bueu nº15 entresollado ou chamando ao número de teléfono 986.30.46.50. preferentemente en horario de 10.00 a 12.00 horas.











