FIBA falla a concesión do transfer internacional para que o xogador Kaspars Berzins poida xogar no Rio Natura Monbus
FIBA comunicou hoxe ao Rio Natura Monbus, a través de ACB e FEB, a concesión do transfer internacional de Kaspars Berzins, que o club galego había solicitado a semana pasada tras chegar a un acordo co xogador. Seguidamente, procedeuse á súa inscrición en ACB como novo integrante do cadro de persoal obradoirista.
Por tanto, esta á-pivote de 2,13 metros e 28 anos, estará mañá sábado a disposición do adestrador, Moncho Fernández, no partido contra o FiatC Joventut (20:00 horas, Multiusos Fontes do Sar)
Berzins procede do VEF Riga, club no que xogou o tres últimas campañas, promediando na tempada 2012/13 uns números de 11.4 puntos e 6.8 rebotes en Liga de Letonia, 9.7 puntos e 5.8 rebotes en Eurocup e 8.7 puntos e 5.1 rebotes en VTB League.
Internacional por Letonia en todas as categorías (campión de Europa Sub-16 en 2001 e Sub-20 en 2004 e 2005), no pasado Eurobasket de Eslovenia contribuíu con 7.0 puntos e 4.7 rebotes á participación do combinado báltico.
O seu palmarés tamén arroxa títulos como a FIBA Eurocup (2008) e a liga de Letonia (2008, 2011, 2012 e 2013).
O xogador será presentado aos medios de comunicación o vindeiro luns, 24 de febreiro, en horario e lugar aínda por confirmar.











