Ferrol repara o firme na confluencia da avenida de Compostela coa rúa Virxe da Cabeza
O servizo municipal de Obras, Reparacións e Mantemento do Concello de Ferrol actuará a partir do vindeiro luns, día 10 de febreiro, no entorno das terminais de autobuses e trens e do Sánchez Aguilera. En concreto, os operarios da empresa “Misturas S.A”, centrarán as súas actuacións na reparación do aglomerado na confluencia da Avenida de Compostela coa rúa Virxe da Cabeza. Segundo informa o devandito servizo o inicio das obras o vindeiro luns queda a expensas das condicións climatolóxicas e a previsión e que os traballos duren un mínimo de dez días.
Corte ao tráfico rodado
Así mesmo, con motivo desta actuación será cortado ao tráfico dende Santa Mariña ata as estacións, tanto de ferrocarril como de autobuses, e a zona da Praza de España. Esta restrición temporal, que permanecerá como mínimo 10 días, afectará a ámbolos dous sentidos da circulación pero non ao tránsito peonil da zona.











