Ferrol recibe a doazón de fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia
O concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, deu conta esta mañá na comisión informativa da Área da doazón de fondos bibliográficos do Liceo Rubia Barcia ao Concello de Ferrol para que sexan depositados na Biblioteca Municipal. Preto de 1.500 libros procedentes do Legado Rubia Barcia e da propia biblioteca do Liceo Rubia Barcia se poñerán a disposición da Administración ferrolá para a súa difusión e posta a disposición da cidadanía.
A biblioteca do Liceo Rubia Barcia realiza esta doazón con motivo da súa disolución despois de preto de 25 anos en funcionamento. Así mesmo, os exemplares duplicados que poida ter a Biblioteca Municipal serán transferidos a un depositario designado polo Liceo Rubia Barcia.











