Ferrol acometerá a reparación de dúas pérgolas situadas no paque Raíña Sofía e na rúa Emilio Antón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Servizos do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, realizará obras de conservación e mantemento no parque municipal Raíña Sofía e na rúa Emilio Antón con Espartero. Estes traballos incluirán a reparación de dúas pérgolas situadas na pista do Raíña Sofía así como o arranxo do mundo de contención entre as rúas citadas anteriormente.

Máis polo miúdo, as obras que se realizarán nas pérgolas do parque municipal serán a limpeza, substitución de pezas danadas, protección contra a corrosión, impermeabilización e pintado das mesmas. Con respecto ao muro de contención situado entre Emilio Antón e Espartero, as obras que se realizarán serán a reparación, reposición, limpeza e acabado do mesmo.

A Administración ferrolá investirá un total de 26.963,93 euros (IVE incluído) nestas obras que se atopan en proceso de contratación. O prazo previsto para a execución dos traballos é dun mes, a contar a partir do inicio dos mesmos.

26 de febreiro de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.